26 de mayo de 2014
ENQUISA SOBRE O ENSINO EN GALICIA
Estanse adoptando e plantexando cambios importantes no eido educativo sin contar co pronunciamento dunha parte vital da comunidade educativa; os estudantes, representados por sí mesmos - no caso dos universitarios, e polos seus pais-titores nos ensinos de infantil, primaria e secundaria.
Dende a Plataforma “Somos Parte” queremos dar voz aos pais e titores. Queremos
saber cal é a vosa opinión sobre materias de gran importancia no ensino dos vosos
fillos.
Hoxe queremos saber qué opinades sobre o papel da asignatura de relixión
nas aulas. Para iso, pedímosvos que participedes na consulta que estamos a facer
en todos os centros de ensino público de Teo.
Plantexámosvos dúas preguntas con respostas diferentes. Por favor, contestade
ambas preguntas marcando unha soa resposta. O cuestionario está duplicado para
que ambos pais-titores podan dar a súa opinión. Por favor, asinadeo para que a vosa
opinión teña valor administrativo.
Poderedes deixar o voso cuestionario na urna que estará dispoñible na entrada do
colexio dende o Venres 30/05/2014 ata o Martes 3/06/2014.
O voto poderase
presentar a través de terceiros, sempre que veña asinado.
O reconto de votos farese en presenza da Xuíza de Paz do Concello de Teo, Rosa
Gómez Limia. Os resultados expoñeranse na nosa web: somosparte.org
Si o resultado do referendo é contrario a situación actual, uniráse os dos outros
centros consultados e se instará un procedemento administrativo solicitando a
adopción de novas medidas que se axusten aos criterios da comunidade educativa,
co apoio de todos os votos que respalden medidas de cambio.
Moitas grazas por ser parte.
23 de mayo de 2014
22 de mayo de 2014
PREMIADOS NO CONCURSO DE DEBUXO 2014
¡Xa temos gañadores do concurso de debuxo sobre a risa! Aquí están...:
Premiados en Educación Infantil:
Premiados no grupo de 1º a 3º de primaria:
Premiados no grupo de 4º a 6º de primaria:
¡Moitas grazas a todas por animarvos a participar, e moitas felicidades aos premiados! Vémonos na entrega de premios, no festival do día 1. ¡Ata entón!
:-D
Suscribirse a:
Entradas (Atom)













