12 de marzo de 2013

BANCO VECIÑAL DE ALIMENTOS



No marco das accións solidarias que a ANPA Río Tella do colexio CEIP A Ramallosa realiza, propoñemos colaborar conxuntamente co colexio na campaña de  recollida de alimentos que o Concello de Teo leva a cabo a través do “Banco  Veciñal de Alimentos” para axudar a familias que atravesan unha situación  de precariedade económica.

A partires do día 15 de marzo @s nen@s poderán levar ao colexio productos alimenticios tales  coma leite, latas de conserva e productos secos (arroz, pasta, azúcar, garabanzos, etc) Aproveitamos para recordar que o Concello tamén ten en marcha o roupeiro municipal que funciona no primeiro andar da escola de Rarís, no lugar da igrexa desa parroquia. Está aberto para entrega  e recollida os xoves de 16:30 a 18:00 horas. Se alguén quere entregar roupa noutro momento debe  saber que hai varios colectores (diante da escola de Rarís, na mediateca de Cacheiras e no concello)  nos que se pode depositar. Dende os servizos sociais lembran que debe ser roupa en bo estado,  limpa, dobrada e en bolsas impermeables para que no caso de que chova non se estrague.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Creative Commons License
Este trabajo está licenciado bajo Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License
.