10 de mayo de 2013

RESUMO DO CONSELLO ESCOLAR 07/05/2013

1) Lectura e aprobación, se procede, da Acta da sesión anterior

Lida e aprobada. 

2)Aprobación, se procede, do orzamento do comedor para o ano 2013

Aprobado. 

3) Obras e xestión sobre o aparcadoiro exterior

O Consello Escolar da a súa aprobación á realización da obra do aparcadoiro exterior. A postura do Consello Escolar sobre a zona non é vinculante, xa que as dúas propostas presentadas polo ANPA non teñen impedimentos de momento. Falta a aprobación final da Consellería. 

Por parte dalgún membro da directiva do centro se amosa una preocupación pola seguridade dos alumnos e a zona de aparcadoiro. Preocupación que os membros do Consello ratifican e teranse en conta para os próximos Consellos Escolares como prioridades para todas as propostas. 

4) Actividades das Letras Galegas e saída do día 14 ao Xirimbao

As actividades do día das Letras Galegas é unha proposta recollida no Plan Xeral (aprobado en Consello Escolar anterior). O que se presenta agora é o lugar e a forma de celebración. 

 A dirección estima que a zona elixida para a celebración non reviste perigo. O persoal que atenderá aos nenos na zona do Xirimbao estará formada por 15 coidadoras (11 habituais e 4 de reforzo) e o profesorado do centro. 

 O Centro non terá actividade lectiva para os alumnos que non queiran asistir as actividades do día das Letras Galegas. 

5 ) Rogos e Preguntas 

Trasládanse ao Consello os acordos tomados na anterior reunión do ANPA: 


  • Festival Solidario da ANPA para o día 26 de maio. 
  • Excursión fin de curso ás Cíes, o día 16 de xuño. 
  • Presentación do modelo de chándal elixido polos país (“Marino”). 


A proposta dun chándal esperta discrepancias. Sinálase que pretende ser unha opción mais, na que os pais que o desexen poidan mercar un chándal que os seus fillos utilicen na actividade diaria ou naquelas ocasións que saian a competir en deportes escolares. Destácase que é unha proposta do ANPA. 

Preguntouse pola prohibición de entrar no comedor con pantalón curto e camiseta de tiras. Esta é a prohibición que algúns pais e nenos comentaron, pero segundo nos aclaran referíanse a que os alumnos non entren ao comedor coa roupa e o calzado suado despois de facer deporte, especialmente aqueles días de moita calor. Aconséllase que leven pantalón e camiseta para cambiar. 

Pediuse á Dirección que a última reunión do Consello Escolar –a do mes de xuño- sexa pola tarde para facilitar a asistencia aos representantes dos pais, que temos dificultades para contar con autorización para ausentarnos pola mañá. Tamén se pediu que se inclúa na orde do día de dito Consello Escolar, de cara ó vindeiro curso, os seguintes puntos: a preparación/coordinación das coidadoras e a confección de normas para o comedor. 

Solicitouse por parte dun representante dos país/nais permiso para facer una charla sobre a seguridade en internet a impartir pola Guarda Civil. 

Pediuse tamén por parte dun representante dos país/nais permiso para facer una charla sobre “A muller e a literatura en Galicia” o día 21 de maio. 

Para estas charlas (proposta polos pais) deberiamos procurar unha asistencia mínima, pois experiencias anteriores contaron con moi pouca participación. 

O Concello de Teo pide autorización para utilizar instalacións do CEIP nas actividades de DiverTeo. Concedéuselle.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Creative Commons License
Este trabajo está licenciado bajo Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License
.