3 de junio de 2013

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO 2012-2013

INFORMACIÓN XERAL:

  • O Programa de xestión das axudas para a compra de Libros de Texto e Material Didáctico para o Alumnado de 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria faise ó abeiro da Orde do 30 de maio de 2013(DOG do 31/05/2013).
  • As bolsas están destinadas ó alumnado de familias cunha Renda per cápita igual ou inferior a 9.000€.
  • Os Datos do Centro referidos na Solicitude do Anexo I son:
        • CEIP   A  RAMALLOSA
        • Público.
        • Código:   15017107
  • As Solicitudes, segundo o Anexo I a orde, presentaranse por duplicado na secretaría do colexio antes do 3/07/2013; en horario de 9:30 a 10:20 ou de 12:30 a 13:30 horas; de luns a venres; onde serán rexistradas e seladas. O Anexo I pódeno conseguir:
    • No colexio.
    • Nos departamentos da Consellería de Educación e Xefatura Territorial.
    • Nos enderezos electrónicos:  http://sede.xunta.es. e/ou  http://www.edu..xunta.es. Este sería o método máis axeitado e recomendado dado que poden cubrilo directamente, grabar os datos, imprimilo e logo presentalo no colexio, evitando que o centro teña que introducir os datos de novo. 
  • Deberán presentar os seguintes documentos:
a) Copia compulsada do Libro de familia en que figuren todos os membros da unidade familiar.
No caso de non ter libro de familia, ou se a situación familiar, a día 31 de decembro de 2011, non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documento ou documentos acreditativos do número de membros da unidade familiar, tales como:
1. Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do causante.
2. Certificado ou volante de convivencia.
3. Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia, que acredite a situación familiar.
b) No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar incluidos na solicitude deberá presentarse un dos seguintes documentos que acrediten esta circunstancia en 31 de decembro de 2011:
1. Certificado emitido polo órgano competente do grao de minusvalidez cunha porcentaxe igual ou superior ao 33%,
2. Resolución ou certificado emitido pola Seguridade Social de pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez, ou
3. Documentación acreditativa da condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.
c) No caso de situación de violencia de xénero no contorno familiar: documentación acreditativa.
O alumnado de educación especial únicamente deberá presentar a solicitude de axuda, non sendo necesario xuntar documentación algunha.
  • Non se admitirán Solicitudes incompletas ou faltas de documentación.
  • No colexio, salvo razóns de forza maior, non se farán copias nin compulsas da documentación.
  • Máis información:


*** A RENTA PER CÁPITA OBTENSE SUMANDO OS RECADROS 455 E 465 DE TODOS OS DECLARANTES DIVIDIDO ENTRE O NÚMERO DE MEMBROS DA UNIDADE FAMILIAR; DO ANO 2011.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Creative Commons License
Este trabajo está licenciado bajo Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License
.