23 de abril de 2014

ASEMBLEA ORDINARIA ANPA ‘RÍO TELLA’ - VENRES, 25 DE ABRIL

CONVOCATORIA ASEMBLEA ORDINARIA ANPA ‘RÍO TELLA’

ORDE DO DÍA

A ANPA ‘Río Tella’ convoca aos pais e nais do CEIP da Ramallosa a unha asemblea ordinaria que terá lugar o vindeiro VENRES, 25 DE ABRIL no Salón de Actos do CEIP da Ramallosa, ás 19.30 horas en primeira convocatoria, e ás 20.00 horas en segunda, coa seguinte orde do día:

  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da reunión anterior
  2. Información sobre a organización do festival solidario de fin de curso promovido pola ANPA
  3. Excursión de fin de curso da ANPA
  4. Información sobre Renovación de cargos na directiva da ANPA
  5. Rogos e preguntas


Queremos chamar á vosa atención sobre a importancia da asistencia a esta asemblea, na que se informará do proceso de renovación da directiva da ANPA, que logo de varios anos de traballo ve a necesidade dunha renovación. Deste xeito, animámosvos a que consideredes a posibilidade de formar parte dun novo equipo directivo da ANPA, unha actividade que agora máis que nunca é fundamental para garantir o dereito dos nosos fillos e fillas a unha educación pública de calidade. De non existir candidatos ou candidatas dispostos a exercer esta responsabilidade, procederíase á disolución da ANPA, o que levaría asociado a desaparición dunha serie de servizos (actividades extraescolares, servizo de madrugadores), así como de
ingresos económicos a través de subvencións imprescindibles para diversas actuacións coas que se sufragan melloras no centro e outras actividades. Agardamos a vosa asistencia.

Sen outro particular, recibide un cordial saúdo.      ANPA ‘Río Tella’

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Creative Commons License
Este trabajo está licenciado bajo Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License
.