25 de abril de 2014

CONCURSO DE DEBUXO 2014: RISAS

Bases


Participantes: Poderá concorrer calquera alumna/o do presente curso 2013-2014 do CEIP 
A Ramallosa. Cada participante poderá presentar un único debuxo.

Tema: RISAS. Para participar no concurso de debuxo da ANPA deste ano hai que debuxar unha escena de risa. Unha cousa graciosa que che sucedera. Algo desternillante que imaxines. 
Un retrato da túa familia, amigos, mascota, ou de ti mesmo partíndote de risa. O que se che ocorra, con RISAS. Se queres, podes explicar brevemente de que vai o debuxo no reverso do papel.

Datas: Os debuxos entregaránse aos profes o día 12 de maio de 2014 a máis tardar.

Presentación: Os traballos non poderán ser identificados co nome do participante. O profesor/a asignará un número a cada traballo, que se corresponderá co nome da alumna/o que o realizou, quedando o listado baixo a custodia da Dirección do Centro, que o manterá en segredo ata que o xurado resolva.

Premios: O xurado fallará 3 premios para cada unha das categorías. O primeiro premio de cada categoría estará dotado cun vale de 50 euros para mercar nas librerías O Trasno Viaxeiro e D’Ana. Os segundos e terceiros premios estarán respectivamente dotados con vales de 40 e 30 euros para mercar nos mesmos establecementos.

Os debuxos gañadores incluiranse nas entradas, programas de man e carteis do VI Festival Solidario ANPA Río Tella. A lista de premiados publicarase en neste blog a partir do xoves 26 de maio.

Entrega de premios: Terá lugar no festival solidario programado para o domingo 1 de xuño.

Xurado: Estará constituído por un mínimo de tres membros da Xunta Directiva da ANPA, cada un puntuará tódolos traballos presentados ó concurso. A decisión do xurado será inapelable.









No hay comentarios:

Publicar un comentario

Creative Commons License
Este trabajo está licenciado bajo Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License
.