20 de mayo de 2014

AS COMPETENCIAS MUNICIPAIS NA LEY 27/2013, DE 27 DE DECEMBRO, DE RACIONALIZACIÓN DA ADMINISTRACIÓN LOCAL. COMPARACIÓN COA LEY 7/1985

Boas tardes 

Envíovos este correo para comunicarvos brevemente as informacións e acordos tratados na reunión do hoxe. 

 - A nova Lei 27/2013 vacía de competencias aos concellos, sobre todo no ámbito educativo. Só figura como competencia o mantenemento e vixilancia dos centros educativos de E. Infantil e Primaria. Polo tanto, o resto de programas ou actividades non son competencia municipal (subvencións a entidades educativas, bolsas de ensino, escola de pais, actividades educativas nos centros, actividades de conciliación, ...). Envíovos no adxunto un pequeno documento para que vexades os cambios con respecto á lei anterior e como afecta ao ensino. 

 - A Xunta de Galicia está elaborando un borrador para minimizar a desaparición de competencias da nova lei. Desde o concello, agardamos a súa publicación para poder seguir desenvolvendo todas as actividades que viñamos desenvolvendo ata agora. (Hai rumores de que podería ser publicada o 30 de maio). 

 - A convocatoria de subvencións a entidades educativas que faciamos sempre nestas datas, imos adiala á espera da nova lei da Xunta. Dado que é problabe que dita convocatoria non se publique ata o remate do curso escolar, e para tratar de minimizar os inconvenientes, acordamos que recibiriades o modelo de convocatoria para ter toda a documentación preparada cando se abra o prazo para presentala. Envíovos, por tanto, o borrador. Estou á vosa disposición se precisades máis aclaracións. 

Un saúdo 

María Álvarez Garea 
Concelleira de Educación Concello de Teo



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Creative Commons License
Este trabajo está licenciado bajo Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License
.