Descarga el Proyecto de Ley Orgánica para la mejora de la calidad educativa.
25 de noviembre de 2013
O CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL DE TEO APROBOY UNHA PROPOSTA DE REXEITAMENTO DA "LOMCE"
O Consello Escolar Municipal de Teo aprobou unha proposta de rexeitamento da LOMCE
23/11/2013
O consello escolar municipal de Teo acordou amosar o seu rexeitamento
contra o anteproxecto da Lei Orgánica para a Mellora da Calidade
Educativa (LOMCE) así como reclamar a súa retirada. Na reunión do consello, esta pasada semana, tamén se amosou o apoio ás reivindicacións
da ANPA do IES de Cacheiras que lle reclaman á Consellería maior
dotación de equipos de novas tecnoloxías para o centro.
O texto no que se rexeita a LOMCE destaca que se trata dunha norma
“reaccionaria, españolizadora, privatizadora, clasista, antipedagóxica,
antidemocrática e confesional”. No escrito, presentado pola CIG, tamén
se explica que esta lei “liquida a igualdade de oportunidades e expulsa
do ensino os sectores máis desfavorecidos da sociedade”.
O acordo aprobado polo consello escolar municipal critica especialmente o
tratamento da lingua galega, o fortalecemento do ensino privado
concertado, as dificultades que se poñen para un ensino laico e a
imposición dun sistema de continuas barreiras selectivas para que só
unha minoría acceda a estudos postobrigatorios e universitarios.
Destácase tamén a desvalorización da FP que propón a lei e a
mercantilización da educación. No escrito esíxese a retirada desta norma
e que se realice unha verdadeira negociación cos sectores implicados e
demanda un “ensino público galego, laico e democrático”.
Durante a reunión tamén se apoiaron as demandas da Asociación de Nais e
Pais “San Simón” do IES de Cacheiras que lle esixen á Consellería de
Educación unha mellor dotación para o centro de material de novas
tecnoloxías. Alertan de que os equipos que ten o centro están obsoletos e
en ocasións nin sequera son compatibles con sistemas actuais. As nais e
pais solictan ademais unha xuntanza co Xefe Territorial de Educación,
Indalecio Cabana, para demandar que “os/as nosos/as fillos/as non sexan
marxinados na súa formación, converténdose en analfabetos tecnolóxicos”.
Na xuntanza do consello escolar presentouse ademais o programa de
actividades da Concellaría de Educación que levará concertos, teatro e
música ós colexios. Tamén se informou doutras accións como a
convocatoria de bolsas de ensino, o banco de libros ou os programas de
conciliación municipais.
Segundo os datos da Concellaría de Educación neste curso o CEIP da
Igrexa Calo ten unha matrícula de 387 nenos/as; o CEIP da Ramallosa
conta con 398 e o CEIP Os Tilos 390 rapaces/zas. O IES de Cacheiras
conta cunha matrícula de 643 alumnos/as.
O Consello Escolar Municipal de Teo ten representación de toda a
comunidade educativa: alumnos/as, pais e nais, mestres, organización
sindicais, directores de centros educativos, movementos de renovación
pedagóxica, unha especialista en temas educativos e representantes de
AAVV e das asociacións empresariais do Concello.
Os Consellos Escolares Municipais son instrumento de participación
dentro do sistema escolar e as súas funcións son asesoramento, consulta,
proposta e información na planificación e intervención educativa non
universitaria.
22 de noviembre de 2013
DOCUMENTO DE CONSENSO SOBRE RECOMENDACIONES PARA LA ESCOLARIZACIÓN SEGURA DEL ALUMNADO ALÉRGICO A ALIMENTOS Y/O LÁTEX
El Ministerio de Educación, Cultura y Deporte acaba de incluir entre los documentos sobre Salud de la web del Centro Nacional de Innovación e investigación educativa (CNIIE) el “Documento de consenso sobre recomendaciones para la escolarización segura del alumnado alérgico a alimentos y/o látex”.
Se trata de un “documento realizado por un grupo mixto constituido por representantes de educación y sanidad de las administraciones central y autonómica, con un doble objetivo: por un lado, facilitarpropuestas que ayuden a la escolarización y a la gestión de un ambiente más seguro para este alumnado. Por otro, orientar sobre la forma de actuar ante una emergencia sanitaria producida en el centro educativo”.
Este documento, avalado por AEPNAA y las principales sociedades médicas de alergia y pediatría,surge de la solicitud realizada por AEPNAA en el año 2009 a este grupo mixto para que se iniciasen las acciones oportunas que garantizaran la escolarización de estos menores atendiendo tanto a su seguridad física como a su inclusión en todas las actividades escolares con normalidad.
Este documento, avalado por AEPNAA y las principales sociedades médicas de alergia y pediatría,surge de la solicitud realizada por AEPNAA en el año 2009 a este grupo mixto para que se iniciasen las acciones oportunas que garantizaran la escolarización de estos menores atendiendo tanto a su seguridad física como a su inclusión en todas las actividades escolares con normalidad.
Desde entonces, AEPNAA ha mantenido contactos con el MEC y Consejerías de Educación, colaborando en este sentido y solicitando, por tanto, medidas de ámbito estatal para garantizar el derecho a la educación en igualdad de condiciones para el alumnado con alergia en todo el territorio nacional, entre otras:
- Información y formación sobre alergia a alimentos/látex a toda la comunidad educativa: profesores, personal de administración y servicios (cocina, comedor…) y resto de familias.
- Instauración de protocolos que contemplen pautas de prevención y actuación en caso de emergencia por reacción alérgica en aquellos centros educativos con alumnos afectados por alergia.
- Regulación de la custodia y administración de la medicación de rescate en casos de urgencia vital.
Este documento, de inminente publicación, es un paso más en nuestros esfuerzos por conseguir la escolarización segura y normalizada de los menores con alergia en todo el territorio nacional. AEPNAA seguirá trabajando incansablemente por ello.
Entendemos que este logro ha sido posible gracias no sólo al esfuerzo de los voluntarios que han formado parte de las sucesivas juntas directivas de AEPNAA, sino también, y en gran medida, gracias al respaldo que nos dan nuestros socios ante las distintas Administraciones. Por ello, agradecemos a nuestros socios todo su apoyo, y animamos a todos los afectados por alergia a alimentos y/o látex a asociarse para tener cada vez más fuerza en nuestras reivindicaciones porque… JUNTOS PODEMOS!!!
19 de noviembre de 2013
OBSERVATORIO DA CONVIVENCIA ESCOLAR DO CEIP A RAMALLOSA
O CEIP A Ramallosa, reunie o Observatorio da Convivencia Escolar. Este órgano depende do Conselo Escolar.
Calquera suxestión que se queira enviar ao Observatorio se pode facer a través do correo electrónico: convivencia@ramallosa.org
Este blog dispón no seu apartado de Documentación, o regulamiento da Convivencia Escolar en Galicia.
13 de noviembre de 2013
CONVOCATORIA DAS BOLSAS DE ENSINO E TRANSPORTE PARA O CURSO 2013/14 DO CONCELLO DE TEO
O Concello de Teo convoca as axudas para o ensino e o transporte para
o curso escolar 2013/14. Estas bolsas pretenden favorecer a
escolarización pública e a formación universitaria nas familias con
menos recursos económicos do municipio.
As bases da convocatoria están publicadas no BOP número 206 do 29 de outubro de 2013. O impreso de solicitude aparece como anexo nas bases da convocatoria ou podes descargar premendo aquí
. O prazo para presentar a solicitude remata o 23 de novembro de 2013.
Requisitos:
a) Cursar estudos nalgún dos seguintes centros de ensino para os que se solicita a axuda:
- PRIMARIA E INFANTIL: todos os centros públicos do Concello (CEIP A Ramallosa, Os Tilos, Calo e CRA)
- ESO: IES de Cacheiras e Pontepedriña
- FP OU PCPI: calquera centro público
- BACHARELATO:
IES de Cacheiras , IES de Pontepedriña e o alumnado que curse noutro
IES algunha modalidade de Bacharelato que non exista nos centros
anteriores.
- UNIVERSITARIOS: calquera universidade galega.
- ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL-ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES: Calquer centro galego.
- O
ALUMNADO cuxas necesidades educativas especiais impidan a súa
escolarización nun centro ordinario do municipio,poderá solicitar a
axuda para a asistencia a un Centro de Educación Especial, aínda que non
estea localizado no Concello.
b) Que a renda per cápita familiar non supere os límites establecidos na base quinta da presente convocatoria.
c)
Estar empadroado no Concello de Teo e ser fillo dependente. Non pode
beneficiarse destas axudas o alumnado que non sexa dependente.
Consideraranse fillos dependentes os menores de 25 anos e que convivan
no domicilio familiar a 31 de decembro do ano inmediato anterior a aquel
no que comeza o curso escolar para o que se solicita a axuda sempre que
non teñan un contrato de traballo ou percibiran recursos (agás bolsas)
durante o ano 2013.
d) Xustificante da matrícula do/a alumno/a para o curso 2013/2014 (agás alumnos/as de Primaria, Infantil e ESO).
e)
Cumprir os requisitos para obter a condición de beneficiario,
recollidas nos artigos 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de
Subvencións e 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de Subvencións de
Galicia.
f) As axudas serán solicitadas polos representantes legais do alumnado: os pais, as nais ou os titores.
g)
Poderán ser beneficiarios da axuda de transporte o alumnado
de:Formación Profesional; PCPI, universitarios, alumnado de Bacharelato
que curse estudios no IES de Pontepedriña, ou noutro IES nalgunha
modalidade que non se imparta no municipio; alumnado con necesidades
educativas especiais escolarizado en centros de educación especial e
talleres ocupacionais de fóra do Concello ou alumnado de ensinanzas
artísticas superiores.
Documentación:
a)
As solicitudes para a concesión destas axudas formalizaranse no impreso
normalizado que se inclúe como Anexo I e poderá así mesmo obterse nas
oficinas xerais (Rexistro de Entrada)
b) Xunto coa solicitude, no modelo normalizado e debidamente cuberto, presentarase a seguinte documentación:
- Fotocopia do DNI do solicitante (pai, nai ou titor).
- Fotocopia do libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar.
- Fotocopia
da declaración da renda correspondente ao exercicio 2012 dos pais ou
titores legais. No caso de non estar obrigado a presentar a declaración
do IRPF, copia da notificación-liquidación ou certificado acreditativo
do nivel de rendas emitido pola Axencia de Administración Tributaria que
corresponda. Excepcionalmente, se a unidade familiar alega carecer de
recursos, ou quere acreditar unha situación excepcional, imprevista ou
de carácter de especial necesidade que afecte negativamente á situación
familiar, deberá acreditala mediante informe social. Nos casos de
separación ou divorcio estase ao previsto na Base 6ª para a
determinación dos membros da unidade familiar.
- No caso de
presentar solicitude para varios irmáns, só é necesario presentar un
exemplar da fotocopia do DNI do solicitante, do libro de familia e da
declaración do IRPF dos proxenitores.
- Facturas que acrediten o
gasto realizado en material escolar ou libros para o alumnado de
primaria, infantil e E.S.O. Dado o carácter finalista das axudas desta
convocatoria, en ningún caso, o importe da axuda concedida polo Concello
poderá ser superior ao gasto realizado polo/a beneficiario/a. En
consecuencia, de ser necesario, realizarase o oportuno axuste na
cantidade da axuda concedida en cada caso.
- Certificado da
matrícula expedido polo centro educativo para o alumnado de Bacharelato,
F.P. , PCPI, universitarios, e ensinanzas artísticas superiores .
- Certificado
que acredite o grao de minusvalía e/ou incapacidade nun grao igual ou
superior ao 33% dalgún membro da unidade familiar, se procede.
- Certificado
que acredite a situación de desemprego por un período superior a 6
meses durante o ano 2013 dalgún membro da unidade familiar, se procede.
- Declaración
responsable de atoparse ao corrente coas obrigas tributarias e da
Seguridade Social, de non estar incurso/a en ningunha das prohibicións
para obter a condición de beneficiario/a de subvencións públicas e de
estar ao corrente no cumprimento de obrigas por reintegro de
subvencións, , e autorización ao concello de Teo para que realice as
comprobacións oportunas durante todo o período que dure o proceso,
segundo Anexo II.
Lugar de solicitude:
As
solicitudes presentarase no rexistro xeral do Concello de Teo, de luns a
venres en horario de 8:00 a 14:00 horas ou os sábados de 9:00 a 13:00
horas.
Prazo:
O prazo para
presentar as solicitudes é de 20 días hábiles dende o día seguinte da
publicación da convocatoria no BOP. O prazo remata o 23 de novembro.
En prazo de presentación: 30/10/2013 - 23/11/2013
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

