28 de mayo de 2015
27 de mayo de 2015
QUÉ DIN ELES É QUE DICIMOS NOS DA REVÁLIDA DE 3º DE PRIMARIA
Qué din que
se pretende con esta proba de avaliación de 3º de primaria:
·
Comprobar o grao de dominio das destrezas
en expresión e comprensión oral e escrita, cálculo e resolución de problemas en
relación coa adquisición de competencia en comunicación lingüística e da
competencia matemática.
·
Ten carácter informativo e
orientador, e debe servir para:
o
Aportar información individualizada
de cada alumno ou alumna, contribuíndo á detección de dificultades de
aprendizaxe.
o
Aportar orientación e información
aos centros educativos para adoptar medidas de mellora en función dos
resultados obtidos polo seu alumnado.
o
Aportar información ás familias
sobre o progreso de aprendizaxe, para poder tomar decisións e establecer
medidas de mellora.
Para que dicimos
en ANPAS GALEGAS que serve esta proba:
·
Para incrementar o traballo
administrativo dos centros escolares xusto durante a fin do curso.
·
Para provocar un estado de tensión
estéril nos escolares de 3º de primaria.
·
Para obter resultados falsos,
porque están contaminados pola descontextualización e pola dependencia da
situación puntual na que se obteñen.
·
Para poñer de manifesto novamente a
discriminación do alumnado NEAE, a quen se lle deixa facer a proba, pero cuxos
resultados non computarán porque realmente non se quere que participen do
proceso educativo.
·
Para desprezar publicamente o
traballo constante dos titores e titoras destes cursos avaliados, xa que os
resultados do centro e do alumnado non se valoran por un curso completo senón
por un exame puntual no que non se permite a súa participación.
·
Para desprezar ás familias, porque
só estamos presentes para “recibir información”, como se non participaramos na
educación dos nosos fillos, a través do contacto co seu profesorado, pero tamén
mediante o traballo directo e permanente cos nosos fillos e fillas.
·
Para crear clasificacións de
colexios, de grupos, de alumnado, de profesorado, de equipos docentes, de
barrios, de zonas xeográficas…; e a consecuencia inevitable das clasificacións
son os guetos, porque quen poida escapará dos “malos colexios” e crearanse
grupos falseados dende o punto de vista social, tanto de “favorecidos” como de
“desfavorecidos”, rompendo o principio de equidade que debe gobernar a escola
pública; pero tamén rompendo dun golpe coas xa escasos logros conseguidos na
inclusión da diversidade.
·
Para considerar de menor
importancia aquelas competencias que non van ser avaliadas, o coñecemento do
medio, a música, a plástica, a educación física, e aquí en Galicia tamén o
inglés (nas Comunidades Autónomas monolingües as probas de competencia
lingüística faranse en castelán e inglés, pero aquí o inglés non vai ser
avaliado) malia a defensa constante que se fai desta disciplina por parte da
Xunta de Galicia. E isto traerá como consecuencia que estas materias “de
segundo nivel” irase abandonando para traballar máis aquelas “das que se poida
tirar máis rendemento”·.
·
Para retroceder na procura dunha
educación de competencias e non de contidos; se te van avaliar polos contidos
que coñeces ese vai ser o obxecto dos teus estudos.
·
Para desprezarnos a nós mesmos; a
nosa contorna, a nosa organización vital, os nosos valores e costumes non teñen
importancia e non se avalía o seu coñecemento e interiorización, a competencia
matemática valorarase en castelán, e a nosa lingua só serve para ser auto avaliada;
o único para o que serve o galego é para falar galego, pero sempre que non
falemos de cousas “importantes”.
·
Para gastar inutilmente os nosos
recursos públicos: logo de anos de recortes, agora imos gastar para avaliar
cómo estamos logo de estar recortados. Un absurdo.
·
Para xustificar calquera medida
posterior: unha proba realizada por uns nenos e nenas de oito anos, que están
fóra do paraugas protector do seu titor ou titora, pode dar como resultados
calquera cousa ou a contraria.
POR ISO EN ANPAS GALEGAS
·
Rexeitamos as reválidas, todas,
pero esta especialmente porque está aí xa, e porque vai contra os máis pequenos
dos nosos nenos e nenas.
·
Apoiamos ás familias que decidan
non enviar aos seus fillos e fillas á escola durante os días nos que se
organicen estas probas.
·
Chamamos ás familias para que
manifesten o seu rexeitamento, a través da presentación do escrito que se
acompaña.
·
Expresamos publicamente o noso
rexeitamento como confederación, e invitamos a todas as federacións e a todas
as anpas a que o fagan así en todos os foros que teñan ao seu alcance, páxinas
web, redes sociais, taboleiros de anuncios, difusión aos seus socios, etc.
·
Esiximos nova e constantemente a
derrogación da LOMCE, non queremos esa Lei, e non pararemos de dicilo.
QUÉ É A AVALIACIÓN-REVALIDA DE 3º DE PRIMARIA?
Qué é a
avaliación-reválida de 3º de primaria?
·
Establécese na LOMCE, no artigo
20.3 dicindo que os centros docentes realizarán unha avaliación individualizada
a todo o alumnado ao rematar 3º de primaria, segundo dispoñan as Administracións educativas, na que se
comprobará o grao de adquisición de competencias en comunicación lingüística e
da competencia matemática
·
En
Galicia regúlase na resolución do 24 abril de 2015 que establece:
o
Que as probas serán o 27 e 28 de
maio en todos os centros educativos galegos, públicos, privados e concertados.
o
Que se creará unha comisión de
coordinación formada polo director-a, o xefe-a de estudos, o orientador-a e un
titor-a de terceiro curso que:
§
Informará á comunidade educativa
sobre o sentido e finalidade desta proba.
§
Planificará o seu desenvolvemento.
§
Seleccionará os mestres e mestras
responsables da aplicación e corrección da proba.
o
Na proba haberá cadernos de
alumnado para cada competencia avaliable, e cuestionarios de contexto para o
profesorado, dirección do centro, alumnado e familias
o
Aplicarán as probas mestres-as que
lles dean clases aos nenos-as avaliados, pero que non lles impartan nin lingua
galega ou castelá, nin matemáticas; ou sexa, os de música, inglés ou educación
física (os de relixión non, porque non lles dan clases a todos-as). Se non é
posible, a comisión decidirá outros nomeamentos.
o
Corrixirán as probas mestres-as que
dean clases de lingua ou matemáticas, pero que non lles dean clases aos
nenos-as avaliados. Se non é posible, a comisión decidirá outros nomeamentos.
o
As probas estarán corrixidas e gravadas
o 5 de xuño.
·
Alumnado
NEAE
o
Con carácter xeral fará a mesma
proba que o resto do alumnado, “adaptando as condicións ás súas necesidades”,
adaptando tempos e formatos e facilitándolles medios materiais e axudas
técnicas.
o
O alumnado que leve menos dun ano
escolarizado en Galicia e que careza de competencia lingüística abonda, contará
con asesoramento, pero os seus resultados non computarán para o cálculo dos
datos globais..
o
O alumnado que teña adaptación
curricular avaliarase de acordo con esa adaptación, e os seus resultados non
computarán para o cálculo dos datos globais.
o
As adaptacións anteriores terá que
facelas o titor-a, o orientador-a , e os PT e AL.
·
Informes
o
Os centros obterán un informe de
resultados de cada alumno-a con información sobre as destrezas e competencias
avaliadas; e tamén un informe do centro sobre os resultados de centro e de
grupo.
o
O titor-a deberá informar ás
familias dos resultados.
·
Datos
de carácter persoal
o
Os datos de carácter persoal
estarán nun ficheiro custodiado pola Secretaría Xeral Técnica da Consellería de
Educación.
o
As familias terán o dereito de
acceso, rectificación, cancelación e oposición a que se conserven eses datos.
·
Análise
de resultados
o
Os centros educativos farán unha
análise de resultados nos seus órganos colexiados (claustro e consello
escolar), establecendo accións de mellora dos resultados obtidos, que serán
incorporadas na programación xeral anual.
7 de mayo de 2015
AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE TERCEIRO CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA - DOCUMENTACION OFICIAL
Xúntase a Resolución do 24 de abril de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación individualizada dos alumnos e alumnas de terceiro curso de educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2014/15.
- No enlace http://www.mecd.gob.es/inee/Evaluacion_tercero_Primaria.html poden consultarse modelos de probas para terceiro de educación primaria elaboradas coa colaboración do MECD e as Comunidades Autónomas.
- A aplicación das probas da avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria realizarase os días 27 e 28 de maio.
- Os centros educativos disporán ata o día 5 de xuño inclusive para a corrección da proba e a gravación dos datos.
DOCUMENTOS:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


