12 de septiembre de 2013

ESCOLAS DEPORTIVAS DO CONCELLO DE TEO. CURSO 2013/2014

Arredor de 800 persoas asistiron ás actividades das escolas deportivas no curso pasado e a inclusión de novas actividades e o desdobramento doutras xa existentes en máis grupos fai prever un incremento para este novo curso. A oferta da actividade de Multideporte para nenos é a gran novidade para esta nova tempada. Os seus participantes introduciranse nas modalidades de béisbol, bádminton, tenis de mesa e balonmán.

A Concellaría de Deportes do Concello de Teo oferta unha nova tempada as Escolas Deportivas municipais. Como xa ven sendo habitual nestes anos a oferta diferenciase entre as Actividades Deportivas para Adultos e as Escolas Deportivas para Nenos, mentres que os lugares nas que se impartirán estas serán os pavillóns municipais e algunhas das casas comúns das que o concello dispón repartidas pola xeografía teense.

Esta oferta terá para este curso 2013-2014 a novidade da inclusión de Multideporte para nenos. Nela os nenos e nenas participantes practicarán as modalidades de béisbol, bádminton, tenis de mesa e balonmán e será impartida nos tres pavillóns municipais: Os Tilos, Calo e A Ramallosa.

A esta nova modalidade hai que sumar as que xa se viñan ofertando durante os últimos anos con tan bo grao de acollida e participación, as cales nalgúns casos incrementan grupos. Tal é o caso de Atletismo, que tras iniciarse no pavillón dos Tilos durante o ano anterior, e por demanda expresa de grupos interesados, este ano ofértase tamén nos pavillóns de Calo e dos Tilos.

Xunto coas escolas xa citadas de multideporte e atletismo, as Escolas Deportivas propoñen outras actividades para nenos e nenas cunha variada oferta: patín, taekwondo, tenis, minitenis, tiro con arco, baloncesto e minideporte.

As Actividade Deportivas de Adultos están compostas por actividades de educación física para persoas maiores (Cóidate e Ximnasia) e pola actividade de Tenis, todas elas cun altísimo nivel de participación na pasada edición

As actividades comezarán a primeiros do mes de outubro e prolongaranse ata o mes de xuño, momento no que, como todos os anos, se dará clausura a estas escolas con distintas xornadas de exhibicións e exposicións dos traballos realizados durante o curso.

O prazo de preinscrición está establecido entre o 2 e o 17 de setembro e realizarase por orde de entrada no Rexistro de Entrada no Concello. Polo tanto, a partir do 19 de setembro as persoas preinscritas poderán consultar a súa admisión, ben na web municipal, ben no propio Departamento de Deportes municipal, antes de confirmar a matrícula mediante o pagamento da primeira taxa.

Máis información sobre as escolas deportivas e as fichas de inscrición premendo aquí

O Concello de Teo abre o prazo de preinscrición para as escolas deportivas para nenos/as e para adultos durante o curso 2013/14. O prazo de preinscrición estableceuse entre o 2 e o 17 de setembro. A admisión realizarase por rigorosa orde de entrada da ficha de solicitude no Rexistro Xeral do Concello.

A formalización da inscrición farase entregando o xustificante do primeiro pagamento do 19 ao 26 de setembro e para poder facela deberán consultar as listaxes de admitidos desde o 19 de setembro.

Consulta a información sobre as escolas e descarga as fichas de inscrición:

Ficha de inscrición nas escolas deportivas para nenos 

Lugar de solicitude:
Departamento de Deportes do Concello de Teo
Lugar de tramitación:
Rexistro Xeral do Concello de Teo
Prazo:
Do 2 ao 17 de setembro de 2013.
En prazo de presentación: 02/09/2013 - 17/09/2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Creative Commons License
Este trabajo está licenciado bajo Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License
.