26 de septiembre de 2013

RESUMO DO CONSELLO ESCOLAR DO 24/09/2013

1) Lectura e aprobación, se procede, da Acta da sesión anterior. 

Lida e aprobada a acta da sesión anterior.

2) Aprobación, se procede, Solicitude de participaión nas Actividades de Inmersión Lingüistica (Ingles). 

Aprobada a participación nas Actividades de Inmersión Lingüística (12 votos a favor). Prepararase e presentarase o proxecto, a espera de que se nos conceda.

3) Comedor Escolar. 

Comedor. A día de hoxe 290 prazas ocupadas (están aínda metendo datos dos alumnos e das súas solicitudes). Considérase que entrarán todos os que o soliciten (o tope do comedor segue igual que o ano pasado, 324). Faise referencia ao importe a pagar, debendo pagar 60 nenos 4,5€/día; 2,5€/día pagan 12 nenos; 1€/día pagan 17 nenos e o resto terían o servizo gratuíto. Hai un 20 nenos coa documentación pendente de entregar.

Este curso cóntase con 10 coidadoras novas (con respecto ao ano pasado, porque hai algunha con experiencia de cursos anteriores). A día de hoxe hai unha valoración positiva do seu traballo.

O equipo de cociña, formado por catro traballadoras, está tamén funcionando correctamente.

4) Informes da Presicencia. 

Prégase aos pais que van a buscar aos nenos ao cole que entren a recoller os nenos, e non esperen xa dentro do coche que aparcan no novo aparcamento, para ter constancia de que saen do recinto acompañados por quen os vai a buscar.

Recordar que os servizos complementarios (comedor e autobús) axústanse a nova zona de escolarización.

5) Rogos e Preguntas. 

As rutas de transporte serán definitivas a primeiros de outubro, podendo existir desdobramento nas de Oza e Pontevea.

A xornada de presentación faise no salón de actos e no ximnasio, conxuntamente para pais e alumnos. A presentación nas aulas está pensada para o primeiro día so para os nenos.  Os pais seremos convocados na aula con posterioridade.

A información que se lle deu aos solicitantes de comedor que entraban no centro este curso, veu condicionada polos cambios que se foron coñecendo dende os meses de xuño ata setembro, e que a consellería foi comunicando. Para anos vindeiros prégaselle aos que veñan novos que estean mais pendentes da información e se dirixan a dirección ou aos representantes dos pais a fin de que non se produzan erros e dificultades para empezar o curso e contar cos servizos.



Pais asistentes: Fernando Pernas, Geraldina Aldariz, José González.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Creative Commons License
Este trabajo está licenciado bajo Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License
.